Portonovo pertence á Parroquia de Santa María Adigna, no Concello de Sanxenxo, e está situado nas Rías Baixas, as cales segundo a lenda formáronse cando os dedos da man de Deus quedaron marcados na terra cando este a colleu para darlle movemento de rotación sobre o seu eixo.
Portonovo é dende a noite dos tempos un pobo mariñeiro, sendo ademais o pobo máis metido no mar aberto da parte norte da Ría de Pontevedra. De ahí ven o dito "Portonovo é o capitán e vixía dos barcos que cruzan o mar". Está enclavado nun promontorio ou atalaia, na cal se erguía a antiga fortaleza de Santa Catalina, expoñente defensivo contra as invasións dos sarracenos e outros asoladores das nosas costas. A capela de Santa Catalina é o único vestixio que queda de dita fortaleza.
A capela de Santa Catalina de Portonovo sufriu numerosas modificacións ao longo dos séculos. O templo orixinal data do século XVII e pertencía como se mencionou anteriormente á fortaleza de Santa Catalina.
O santuario inicialmente erixido en honra a San Roque, cambiou o seu patronazgo a Santa Catalina de Alexandría, pois segundo a tradición local uns mariñeiros da vila descubriron unha imaxe da santa entre os restos dun naufraxio mentres traballaban na costa. Despois de levar a imaxe a terra e colocala na capela, xurdiu rapidamente unha profunda devoción cara Santa Catalina. Co tempo, ela converteuse na patroa principal do templo, compartindo esta honra con San Roque, e ambos son venerados como patróns da vila de Portonovo. Esta é a razón pola cal, a diferenza doutros pobos mariñeiros, Portonovo non está baixo a advocación da Virxe do Carme. Santa Catalina é polo tanto a protectora dos mariñeiros de Portonovo.
Trátase dunha pequena capela edificada na segunda metade do século XVII, época na cal o estilo Barroco comezaba a afincarse en España.
Componse dunha nave rectangular cuberta a dúas augas, que conta con cabeceira cuadrangular cuberta tamén a dúas augas. O sur da cabeceira elévase unha pequena sancristía moderna de pranta cuadrangular con cuberta a unha única auga.
A fachada occidental pola súa parte contén unha porta moderna rectangular sobre a cal se atopa unha pequena ventá superior. Ambas esquinas da fachada están coroadas por pináculos.
A fachada sur-este conta cunha ventá de dobre derrame mentres que a fachada norte contén unha porta rectangular. A fachada leste ten dúas saeteiras, unha na cabeceira e outra na sancristía, ambas de derrame interno. Por último o muro norte da cabeceira contén unha pequena ventá de dobre derrame.
A cornixa de todo o edificio é en gola, moi propia do estilo barroco galego.
ESTUDO INTERIOR DA CAPELA
 |
Vista xeral do interior |
En canto ao interior, a capela consta dunha única nave de planta rectangular, cunha cuberta plana de vigas á vista. Na entrada, resalta o baixo teito formado por unha tribuna accesible mediante unha escaleira situada á dereita.
A capela maior ou cabeceira, tamén rectangular e de cuberta a dúas augas tamén coas vigas descubertas, ábrese tras un sinxelo arco de medio punto e alberga un retablo barroco de policromía predominantemente granate, con tonalidades verdes nas táboas e frisos, e douradas nos relevos ornamentais.
 |
Vista dende a tribuna |
 |
Vista da cabeceira |
A estrutura do retablo divídese en cinco rúas separadas por catro columnas salomónicas decoradas con acios de uvas. No ático triangular, obsérvanse aletóns con decoración de rocalla, coroados por unha forma arquitectónica similar a un frontón partido curvo, detalle que se repite nos extremos do retablo.
Este está presidido por unha imaxe de Santa Catalina, cos seus atributos (a cruz, a roda e a palma). A cada lado da imaxe central atópanse as figuras de San Roque (esquerda) e San Xosé (dereita), mentres que nos extremos destácanse, á dereita, unha talla de San Antonio de Padua, e á esquerda, unha imaxe de vestir de maior tamaño da nosa Señora das Dores.
Todas as imaxes sitúanse fronte a superficies planas, sendo a figura de Santa Catalina a única que está nunha hornacina, cuxo fondo é de vidro texturizado en lugar da habitual táboa de madeira ou cristal liso.
 |
Vista xeral do retablo maior |
Agora compre falar dos muros interiores do templo. No do evanxeo (norte), xunto a unha pila bautismal labrada en pedra, atópase unha talla articulada de Cristo crucificado do século XVII, probablemente a talla de maior valor artístico e histórico da capela.
No muro da epístola, fronte á imaxe de Cristo, nun acrosolio de medio punto, áchanse as imaxes de San Roque (talla moderna incorporada hai poucos anos e de tamaño máis grande que a do retablo), a Virxe do Carme (de vestir) e Santa Lucía de Siracusa.
Preto da entrada, sobresaen outras dúas imaxes: unha de vestir da Virxe do Rosario, situada nunha repisa sobre unha porta no muro do evanxeo, e, fronte a ela, no muro da epístola, unha talla moderna de escaso valor artístico do Sagrado Corazón de Xesús.
ESTUDO DAS TALLAS DA CAPELA DE SANTA CATALINA DE PORTONOVO
TALLA DE SANTA CATALINA (s.XX)

Trátase dunha talla moderna aproximadamente dos anos 50 que substitúe a antiga, a cal era de vestir.
Esta talla de Santa Catalina de Alexandría do século XX, ubícase na hornacina central d mantén o estilo tradicional da arte sacro. Presenta unha composición clásica coa santa en actitude serena e maxestosa, portando os seus atributos característicos: a roda do martirio e a cruz.
Os pregues da vestimenta están ben traballados, con dourados e detalles ornamentais que lle dan un aire solemne.Aínda que non é unha talla antiga, segue fiel á estética relixiosa tradicional, cun acabado pulcro e unha policromía sobria pero elegante.
TALLA DE SAN ROQUE (s.XVIII)

Esta talla de San Roque de arte popular do século XVIII, con base restaurada no século XX, mantén a estética barroca tradicional. Está ubicada á esquerda de Santa Catalina no retablo maior. Representa ao santo na súa iconografía clásica: vestido de peregrino con chapeu, capa e bordón, levantando a súa túnica para mostrar a chaga na súa perna, símbolo da peste. Aos seus pés, o can que lle trouxo pan, un elemento distintivo da súa historia.
As cores e a policromía reflicten un equilibrio entre tons escuros e dourados, cun manto azul que engade contraste. A talla presenta un bo nivel de detalle nos pregues da vestimenta e na expresión serena do rostro.
TALLA DE SANTA LUCÍA (s.XX)
Datada do século XX, claramente provén dun taller especializado en imaxinería sacra. Realizada en madeira policromada con detalles en pan de ouro, presenta unha estética tradicional con influencias do academicismo e a escultura barroca.
Ubicada no acrosolio do muro da epístola. A santa aparece cunha expresión serena, aureola metálica e os seus atributos característicos: a palma do martirio e unha bandexa cos ollos. A súa vestimenta, en tons burdeos e verdes con detalles dourados, mostra pregues traballados con esmero, achegando dinamismo á figura.
O estado de conservación parece bo, coa policromía ben preservada. Trátase dunha obra elegante e devocional, representativa da arte relixioso dos anos 50.
Do mesmo xeito que con Santa Catalina, esta talla fíxose para substituír outra anterior a cal era de vestir.
 |
Procesión de Santa Catalina anos 20-30. Nela pódese ver as antigas tallas de vestir de Santa Catalina, Santa Lucía e San Antonio de Padua |
TALLA DA VIRXE DO CARME (s.XVIII)
Trátase dunha talla de candelero da Virxe do Carme, posiblemente do século XVIII. Este tipo de escultura é característico da imaxinería andaluza e castelá, onde só a cabeza, mans e ás veces os pés están tallados en madeira, mentres que o corpo é unha estrutura de candelero para vestir.
A Virxe porta o hábito carmelita, con túnica marrón e manto branco, ambos os ricamente bordados en ouro con motivos florais e relixiosos. Leva o escapulario carmelita na man, símbolo da súa devoción e protección, e sostén ao Neno Xesús, que aparece con xesto sereno e mirada inclinada. A coroa de prata reforza o seu carácter de nai de Deus.
O rostro ten unha expresión doce e recollida, con ollos de cristal, unha técnica común do século XVIII para dar maior realismo. A policromía suave e detallada suxire unha orixe en talleres de escultura barroca, aínda que poderían intervir restauracións posteriores.
Esta imaxe da Virxe do Carmen está situada no arcosolio do muro da epístola da capela, sobre unha peana de pedra.
TALLA DE CRISTO CRUCIFICADO ARTICULADA (s.XVIII)
Este Cristo crucificado articulado, probablemente do século XVIII, podería tratarse da escultura de maior valor artístico da capela de Santa Catalina de Portonovo. O seu deseño con brazos móbiles suxire o seu uso en cerimonias do Descendemento durante a Semana Santa.
A talla destaca polo seu realismo e dramatismo, cunha anatomía estilizada, expresión sufriente e policromía detallada que resalta as feridas. O pano de pureza (perizonium), traballado con pregues dinámicos, achega movemento á figura.
Cabe destacar que o cristo perdeu os dedos das mans .
Moi posiblemente esta non sexa a cruz orixinal, debido ao seu enorme tamaño respecto do Cristo.
A talla está ubicada no muro do evanxeo.
TALLA DE VESTIR DA VIRXE DO ROSARIO (s.XVIII)
Esta talla da Virxe do Rosario é unha imaxe de candelero do século XVIII, o que significa que a súa estrutura principal componse de cabeza, mans e un armazón para vestila con ricos tecidos.
A escultura presenta un rostro sereno e delicado, con expresión doce e cabeleira naturalista que realza o seu realismo. Viste unha túnica branca cun manto azul bordado con detalles dourados e encaixe, seguindo a iconografía tradicional da Virxe do Rosario. Porta un rosario na súa man dereita e sostén ao Neno na esquerda, o cal tamén está vestido con tea.
A coroa dourada achega un aire de realeza e devoción. Aínda que a vestimenta é moderna, a talla conserva a súa esencia barroca orixinal.
TALLA DO SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS (s.XIX-XX)
Esta talla do Sagrado Corazón de Xesús é unha imaxe devocional que, polo seu estilo e acabado, parece ser unha obra do século XX ou máis recente. A escultura segue a iconografía tradicional: Jesús vestido con túnica e manto en tons cálidos, destacando o vermello como símbolo de amor e sacrificio, e con detalles dourados que lle outorgan solemnidade.
O Sacro Corazón está representado no seu peito, coa chama e a coroa de espiñas, símbolos do seu amor redentor. O seu xesto coa man dereita en actitude de bendición e a outra sinalando o seu corazón reforzan a mensaxe de entrega e misericordia.
A base, adornada con nubes e a inscrición "Venite ad me omnes", fai referencia ás palabras de Xesús no Evanxeo de Mateo (11:28): "Vide a min todos os que estades cansos e angustiados, e eu dareivos descanso." Esta invitación subliña o amor incondicional e a misericordia do Sagrado Corazón, chamando a todos os fieis a atopar consolo e refuxio nel.
Aínda que non é antiga, mantén a estética tradicional das representacións do Sacro Corazón de Jesús, fiel á súa mensaxe de esperanza e redención.
 |
Procesión do Sagrado Corazón de Xesús en Portonovo nos anos 20-30. |
TALLA DE SAN XOSÉ (s. XVIII-XIX)
Ubicada á dereita de Santa Catalina no retablo maior da capela. Polo estilo da talla, as cores utilizadas e a policromía, parece unha obra do século XVIII ou XIX. A imaxe de San Xosé segue a iconografía tradicional: con barba, túnica e manto, portando o bastón florido como símbolo da súa pureza e elección divina como esposo da Virxe María.
O Neno Xesús ao seu lado, vestido con túnica rosada e sostendo un rosario.
Con todo, algúns trazos faciais e o acabado da policromía suxiren que a imaxe puido ser restaurada ou repintada en tempos máis recentes, posiblemente no século XX.
TALLA DE SAN ANTONIO DE PADUA (s.XX)
Esta talla moderna de San Antonio de Padua foi realizada para substituír unha imaxe anterior de candelero, seguindo unha iconografía clásica do santo. Representado co seu hábito franciscano de cor escura, sostén no seu brazo esquerdo ao Neno Xesús, quen porta unha esfera azul, simbolizando o seu dominio sobre o mundo. Na súa man dereita, San Antonio sostén un ramo de azucenas, emblema da súa pureza e santidade.
O acabado da talla mostra unha policromía sobria e detalles dourados no hábito e os bordos, en consonancia co estilo tradicional. A imaxe está situada no extremo dereito do retablo maior da capela.
Aínda que se trata dunha imaxe moderna, respecta a tradición estética das representacións antigas do santo.
TALLA DA VIRXE DAS DORES (s.XX)
Esta imaxe representa á Virxe dos Dolores, vestida cun manto negro ribeteado en dourado e unha toca branca, seguindo a iconografía tradicional da Dolorosa. A escultura, de vestir ou candelero, mostra un rostro case inexpresivo, con ollos vidriados.
Nas súas mans sostén un corazón atravesado por sete espadas, símbolo dos Sete Dolores da Virxe, un elemento común neste tipo de representacións. A talla atópase situada no extremo esquerdo do retablo maior, aínda que o seu tamaño non concorda do todo coas proporcións do nicho.
Polos seus trazos e acabados, parece unha obra do século XX, probablemente realizada para repoñer unha imaxe anterior. Non presenta un especial valor artístico.
- REDACTADO POR GUILLERMO RODIÑO REQUEJO (2025)