SAÚDO DO PÁRROCO

Queridos feligreses,
A través de esta plataforma quixera transmitirvos o meu afectuoso saúdo para estar convosco. Algúns xa tiven o gusto de disfrutar, por primeira vez, da súa presencia e grata compañía o día da miña presentación. Os demáis quixera que me sentises preto de vós nestas líneas escritas.
Veño coa intención, se me deixades, de gastar a vida que me queda entre vós, compartindo ilusións, alegrías e penas, no marco da gran familia que é esta comunidade parroquial.

Recibide todos e todas unha grande aperta do voso párroco.

Manuel Pérez Blanco. Outubro de 2014

luns, 8 de febreiro de 2016

Semana do 8 ó 14 de febreiro

  TEMPO ORDINARIO/ TEMPO DE CORESMA  



ADINA
Mércores  10
Sábado     13
Domingo  14
7.45 pm: Misa de Mércores de Cinsa.
8 pm: por José Luis Piñeiro Vidal e José Jesús Deza Castro.
12.30 pm: por Juan Gerardo Domínguez Torres, pai e avós.
PORTONOVO
Luns         8
Martes      9
Mércores   10

Xoves        11
Venres      12
Sábado      13
Domingo   14
7 pm.: polos asistentes.
7 pm: NON HAI MISA.
7 pm: Misa de Mércores de Cinsa, por Juan Alarcón Fontán, 
pais e irmáns.
7 pm: por José Outón González e Irene Martínez Loureiro.
7 pm:ANIVERSARIO por Dolores Vázquez Besada.
7 pm: por Esperanza Recuna González
10 am: pola parroquia. 
BOLETÍN SEMANAL DE AVISOS


O MARTES 9 DE FEBREIRO NON HABERÁ MISA EN PORTONOVO.

INICIO DA CORESMA: O mércores 10 de febreiro, Mércores de Cinsa, 
comeza o tempo de coresma. Na parroquia haberá misa de imposición 
da ceniza en Portonovo ás 7 da tarde e en Adina, OLLO, ás 7.45 da tarde.

ANIVERSARIO:  O próximo venres día 12 ás 7 da tarde celebraremos 
na capela de Portonovo o funeral de Aniversario polo Eterno 
Descanso de Dolores Vázquez Besada. Están convidados a participar 
na oración.


2º RECORDATORIO MATRIMONIOS: O párroco segue na procura de 
matrimonios que este ano fagan 25 e 50 anos de casados e queiran 
celebrar relixiosamente 
os aniversarios de casados e participar, coma de costume, 
nas festas de Corpus. Rógase poñanse en contacto co párroco 
persoalmente ou por vía telefónica (os números parroquiais atópanse 
no blog, na marxe esquerda da pantalla). Gracias.