ORACIÓN DE ABANDONO
(Charles de Foucauld)
PAI, PAI, EU PÓÑOME NAS TÚAS MANS, NAS TÚAS MANS.Eu póñome nas túas mans fai de min o que Ti queirasSexa o que sexa, eu douche as grazas.Estou disposto a todo, e acepto todo con tal de que a túa bondadeSe cumpran en min e en tódalas criaturas non desexo nada máis.Confíoche a miña alma doucha con todo o amor do que son capazPóñome nas túas mans sen medida cunha confianza infinita.
Dalles Señor o Descanso Eterno, e lles brille a luz perpetua ás 78 vítimas do tráxico suceso, e dalle tamén consolo para as sús familias que se laian desconsoladas pola perda tan arrebatadora dos seus seres queridos.
Acólleos no teu seo onde non hai máis pranto nen dor,
onde todo é paz e alegría sen fin.
Porque choraches pola morte
do teu amigo Lázaro.
Porque só ti Señor tes palabras de vida eterna.
Na vida e na morte somos de Deus.
As nosas vidas son do Señor,nas súas mans descansarán.
O que vive e cre nel non morrerá.
Que así sexa.