SAÚDO DO PÁRROCO
sábado, 24 de xaneiro de 2026
domingo, 18 de xaneiro de 2026
sábado, 10 de xaneiro de 2026
sábado, 3 de xaneiro de 2026
xoves, 1 de xaneiro de 2026
NOVAS REDES SOCIAIS DENDE O 1 XANEIRO 2026
Queridos feligreses da parroquia de Adina e Portonovo:
Queremos informarvos, con toda tranquilidade, de que as antigas contas de Facebook e Instagram da parroquia foron hackeadas e xa non están baixo o noso control. Por este motivo, vimos de crear unhas novas contas oficiais, que serán a partir de agora o único medio válido para compartir información, avisos e novas da nosa comunidade. O nome sera: Parroquia Adina e Portonovo (Facebook)
Clic no enlace para acceder
Agradecémosvos de corazón a vosa comprensión, apoio e confianza de sempre. Rogámosvos que sigades as novas contas e que fagades caso omiso de calquera publicación que poida aparecer nas anteriores.
Que o Señor vos bendiga e grazas por camiñar xuntos como parroquia.
Imaxe do nome do novo facebook.