Benvidos á web da comunidade parroquial de Santa María Adigna de Portonovo.
Páginas
▼
luns, 11 de xuño de 2012
Corpus Christi
Aínda que a mañá deste domingo de Corpus 11 de xuño non luceu o suficiente a parroquia non escatimou en esforzos para facer a ocasión máis solemne. Así con gran esforzo e contra toda posibilidade a primeira hora da mañá as alfombras florais estaban rematadas para o paso do Santísimo Sacramento. A choiva ó remate da celebración non permitiu que saíra a procesión por os exteriores polo que recorreu a nave para bendicir á asamblea alí congregada.
Detalle da alfombra do altar.
Só agradecer a quen axudou na elaboración das alfombras, en especial a colaboración das Mulleres Rurais, que coa súa dedicación incesante fixeron realidade algo que a priori semellaba complicado. Neste día o Santísimo estivo acompañado polos nenos que o mes pasado recibían na parroquia a 1ª Comunión e polos matrimonios de vodas de ouro e prata.