Páginas

xoves, 12 de xaneiro de 2012

Arra honra a a San Amaro e San Marcial


O próximo domingo día 15 de xaneiro, como ven sendo costume o lugar de Arra honra a San Amaro (San Mauro) no día da súa festa. O primeiro culto será ás 10:00 h da mañá cunha misa rezada. A misa solemne terá lugar ás 13:15 h da tarde. Ó rematar a misa ,e se o tempo o permite, sairá a procesión polo núcleo do pobo e ó regreso teremos bendición solemne e a despedida.
Ó día seguinte, luns 16 Arra honra a San Marcial. A misa solemne será tamén ás 13:15 h da tarde e ó remate sairá a procesión. Ó regreso bendición e despedida das festas.

 Está ben recordar que aínda que Arra honre ó santo dunha maneira especial (ó ser o patrón do pobo) a convocatoria esténdese a toda a comunidade parroquial de Adina á que todos formamos.



NOTA INFORMATIVA:  O domingo os horarios das demais misas da parroquia non se verán alterados nin modificados.