Himno ó Apóstolo Santiago


mércores, 4 de setembro de 2024

Semana do 2 ó 8 de setembro



domingo, 25 de agosto de 2024

A NOSA BANDEIRA. Explicación dos elementos visuais e distintivos.



O PENDÓN PARROQUIAL
(OU BANDEIRA DE NOSA SEÑORA)







A BANDEIRA: 

Á hora de establecer o noso pendón parroquial seguíronse unha serie de criterios básicos como as cores. Azul celeste e branco. O motivo está moi claro, pois estas dúas cores asócianse coa Virxe María desde tempos inmemoriais. Son as cores da Purísima, e tamén as da Asunción ou do Santísimo Rosario. O azul representa o ceo, a divinidade, e o branco a pureza da Virxe María.  bandeira escollida. Nesta web explican de maneira clara e sinxela por qué se asocian estas dúas cores a María Santísima.

A disposición das franxas, dúas de dobre ancho nos extremos e branco no centro foi un pouco arbitraria, pois antes do deseño actual fixéronse varias probas ata chegar á actual. 



Distintas versións da bandeira coas franxas horizontais que foron descartadas: 















O ESCUDO: 

No centro da bandeira colócase o escudo parroquial e os elementos que o decoran. O escudo é unha representación dalgúns dos atributos asociados tamén a Santa María, que como saberedes, ostenta o patroazgo desta comunidade parroquial. Do mesmo xeito, a simboloxía do brasón é a seguinte, en campo azur, tres rosas en prata dispostas en diestro, siniestro e punta, sen cuartelar. A elección da rosa como símbolo de María vén reflexada pola advocación da Nai de Deus como rosa mística, ou rosa das rosas e flor das flores, pola súa pureza virxinal e aroma que desprende. O número tres está asociado á Santísima Trinidade e tamén representa os tres templos principais da parroquia, Adina, Arra e Portonovo. Ó timbre coroa real flordelisada, rematada en flor de lis. (Esta coroa é a mesma que utilzaba a monarquía francesa antes de 1789, xa que as flores de lis se asocian a Francia e á casa dos Borbón) No caso das flores de lis, ou lirios, tamén son unha flor que se asocia a María desde o comezo do cristianismo. Se queredes saber máis sobre os lirios e a súa asociación con María podedes facer clic aquí. 
No exterior do escudo atópanse unha serie de elementos que completan o sentido mariano do noso brasón, a saber; está rodeado por doce estrelas, como se di na lectura do libro da apocalipse. Pasamos a describir agora os tenentes do escudo parroquial. Na sinistra, o Inmaculado Corazón de María para que nos acolla a todos os fregueses dentro do seu corazón de nai. E á destra, a 'casa de ouro'  advocación descrita nas ladaíñas do Santo Rosario que simboliza a María como xestadora de Cristo e a arca da nova alianza. Tamén é a casa onde nos vimos a refuxiar cando estamos en perigo, e a casa de María na nosa parroquia que é a súa igrexa parroquial. 
Baixo o escudo, unha media lúa minguante en prata coas dúas puntas unha a destra e outra a sinistra e sobre esta unha estrela co anagrama de María. A lúa tamén se asocia a María pola descripción do libro da Apocalipse, 'unha muller vestida de sol, coa lúa baixo os seus pes'.  Aquí neste enlace podedes buscar máis información sobre os atributos heráldicos de María nos diferentes brasóns e escudos de armas patronímicos. 

Brasón sen adornos externos 

Brasón adornado





O 'MOTTO' OU LENDA: Para xogar un pouco coas letras, o 'motto' que vai na marxe inferior do rectángulo central da bandeira, é a lenda co nome da parroquia, Santa María Adigna de Portonovo, combinamos as letras A e T, comúns en 'parroquia', en 'Adigna', e en 'Santa' e 'Portonovo' para crear un logotipo característico, unha imaxe de marca xenuína e sinxela de distinguir, que falase por sí soa, moi versátil e que se pode utilizar para cartelas, moi combinable e moi ilustrativa. Se fose unha empresa sería a nosa 'imaxe de marca' por así decilo. De feito usámola para o noso 'footer' e para a versión 'bandeira' do escudo, que utilizamos algunhas veces en carteis e no footer do blog e na que se destacan as tres rosas en prata con fondo azur, e debaixo o 'motto' co nome da parroquia.  














Semana do 26 de agosto ó 1 de setembro





Carlo Acutis será Santo !

Carlo Acutis será Santo !

Beato Carlo Acutis

Beato Carlo Acutis
Ayúdanos a navegar en nuestra travesía digital. Amén

SAÚDO DO PÁRROCO

Queridos feligreses,
A través de esta plataforma quixera transmitirvos o meu afectuoso saúdo para estar convosco. Algúns xa tiven o gusto de disfrutar, por primeira vez, da súa presencia e grata compañía o día da miña presentación. Os demáis quixera que me sentises preto de vós nestas líneas escritas.
Veño coa intención, se me deixades, de gastar a vida que me queda entre vós, compartindo ilusións, alegrías e penas, no marco da gran familia que é esta comunidade parroquial.

Recibide todos e todas unha grande aperta do voso párroco.

Manuel Pérez Blanco. Outubro de 2014